Política de privacidade
Condicións xerais de acceso e uso do sitio web cafierasmus.gal
O sitio web www.cafierasmus.gal é propiedade do Centro Autonómico de Formación e Innovación (en adiante, CAFI), con domicilio a efectos de notificacións en R/ Lamas de Abade s/n, CIF núm. Q655839G, e enderezo de correo electrónico cafi.for.inn@edu.xunta.gal. A través do mesmo proporciónase información sobre os proxectos Erasmus+ en marcha na actualidade (agora mesmo, o proxecto KA120SCH “Incluídas”).
O acceso e uso do sitio web atribué á persoa que o realiza a condición de “Usuario” e implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes Condicións Xerais, vixentes no momento do acceso. Se a persoa usuaria non comprendera na súa totalidade as presentes condicións de uso ou non estivera dacordo con elas, deberá absterse de utilizar e operar a través deste sitio web.
As presentes condicións xerais rixen única e exclusivamente o uso do sitio web de CAFI por parte das persoas usuarias que accedan e/ou naveguen por www.cafierasmus.gal. As presentes condicións xerais exponse en todas e cada unha das páxinas do sitio web cafierasmus.gal, para que as persoas usuarias poidan lelas, imprimilas e arquivalas.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
A utilización do sitio web de CAFI e gratuíta e non require o previo rexistro da persoa usuaria. No caso da Newsletter ou boletín, que si require rexistro, para poder recibir a comunicación vía e-mail, será preciso que estes acepten previamente a correspondente Política de Privacidade e as Condicións Xerais específicas, non sendo posible o acceso aos mesmos sen dita aceptación.
As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose a persoa usuaria a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.), ou a normativa vixente.
CAFI prohíbe expresamente:
- Realizar accións que poidan producir no sitio web o a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de CAFI ou a terceiros.
- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (spamming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).
A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou información e/ou os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
CAFI poderá interromper en cualquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou a as presentes condicións xerais.
SEGUNDA – DATOS DE USUARIO
Os datos persoais compilaranse a través da web cafierasmus.gal cando introduzas información para subscribirte á newsletter ou para deixar o teu comentario na web.
Estes campos están debidademente sinalizados e non recopilarán ningún dato ata que aceptes expresamente a cesión e xestión conforme a esta política de privacidade.
A compilación e uso de datos realízase para o envío de comunicacións, mediante un boletín informativo periódico, en caso de contar co teu consentimento para tal fin.
CAFI comprométese a non utilizar os datos obtidos cunha finalidade distinta a esta.
Os datos recollidos van ser incorporados nun archivo propiedade de: CAFI
Este arquivo vai ser xestionado por: CAFI
Este arquivo vai ser almacenado en Dinahosting con domicilio en R/ das Salvadas, 41, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.
Os datos conservaranse ata que se cumpra obxectivo polo cal se compilaron estes datos (Art.5.e GDPR) ou ata que se exerza o dereito á supresión ou modificación dos mesmos, a condición de que isto non entre en conflito coa necesidade, por motivos legais ou fiscais, de almacenalos.
Os teus datos transfírense e almacénanse de maneira segura xa que dispoñemos de:
- Cifrado con protocolo SSL
- Firewall a nivel de servidor
- Protocolos de seguridade para previr accesos non autorizados
- Control de accesos
- Almacenamento encriptado
CAFI non pode garantir a completa seguridade nas comunicacións a través de Internet pero garantimos tomar as medidas adecuadas para protexer os teus datos.
Ademais, CAFI comprométese a manter a confidencialidade dos datos e non comunicará nin permitirá o acceso a terceiros non autorizados.
A lexislación recoñece os seguintes dereitos á persoa usuaria que fixo cesión dos seus datos persoais:
- Acceso aos datos persoais
- Rectificación ou supresión
- Oporse ao tratamento
- Portabilidade dos datos
- Limitación do seu tratamento
O exercicio destes derechos é persoal, polo que só podes solicitalo para os datos dos que es propietario/a.
No caso de que queiras exercer algún destes dereitos, podes facelo mediante un correo electrónico dirixido a cafi.for.inn@edu.xunta.gal o mediante carta dirixida a CAFI ao enderezo de R/ Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela indicando os dereitos que se queren exercer e unha proba de identidade.
Comprometémonos a responder á túa solicitude nun prazo máximo de 30 días hábiles.
A base legal para o tratamento dos teus datos persoais é a aceptación explícita do tratamento, xestión e almacenamento dos mesmos segundo a presente política de privacidade.
TERCEIRA.- CONTIDOS
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por CAFI, utilizando fontes internas e externas, de tal modo que CAFI unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
CAFI reserva o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. CAFI non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuren no sitio web.
Ademais, a través do sitio web cafierasmus.gal, poden porse a disposición das persoas usuarias, servizos gratuítos e/ou de pago ofrecidos por terceiros alleos, que se rexirán polas condicións particulares de ditos servizos. CAFI non garante en ningún caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exonerado de calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.
Aqueles contidos -tanto gráficos como escritos- elaborados e incluídos polas persoas usuarias, a través de colaboracións o mediante a introdución voluntaria dos mesmos, ben directa o indirectamente -a través de ligazóns-, son de exclusiva responsabilidade das propias persoas usuarias, quedando expresamente exento CAFI de toda responsabilidade.
A persoa usuaria que introduza calquera contido no sitio web cafierasmus.gal manifesta a absoluta legalidade e autoría dos mesmos e expresamente asume todo tipo de responsabilidade que se poida derivar destes contidos.
A persoa usuaria tamén se fai responsable das opinións introducidas nos comentarios, no seu caso, a través do sitio web. CAFI non será responsable en ningún caso das opinións expresadas nos mesmos e poderá retirar ditos contidos e/ou impedir o acceso ás persoas usuarias que vulneren a legalidade vixente, así como pór en coñecemento de Xulgados e Tribunais os feitos que sexan constitutivos dalgún tipo de ilícito penal ou civil.
CUARTA.- RESPONSABILIDADE
CAFI en ningún caso será responsable de:
- Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.
- Da produción de calquera tipo de dano que as persoas usuarias ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de ligazóns.
CAFI reserva o dereito a suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse.
CAFI colaborará e notificará á autoridade competente as incidencias anteriormente indicadas no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
QUINTA.- DEREITOS DE AUTOR
Os contidos da sección “Portafolios” forman parte dun proxecto Erasmus+ e perséguese a súa máxima distribución, uso e reutilización, sempre mencionando fonte e autoría (CC-BY-NC-SA).
Pola contra, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web cafierasmus.gal encóntranse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos, salvo consentimento expreso de CAFI.
CAFI pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos e establecer ligazóns ou hipervínculos a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor das informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación dos referidos contidos.
Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polas persoas usuarias a través dos medios que se poñen ao seu dispor no sitio web son propiedade da persoa usuaria, que afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ao CAFI.
SEXTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente a persoa usuaria a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
SÉTIMA.- MISCELÁNEA
A declaración de nulidade de algunha ou algunhas das cláusulas destas Condicións non prexudica a validez das restantes, que permanecerán vixentes. CAFI poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, salvo recoñecemento expreso por parte de CAFI.
Estas Condicións Xerais poderán ser modificadas por CAFI cuando así o considere oportuno.
A modificación surtirá efectos desde o día seguinte á data da súa publicación.
Data de publicación 24-09-2024